21/10/2011

Manifestación 15O


Unhas 30.000 persoas segundo a organización, e 10.000 segundo a policia local de Vigo, secundaron a Manifestacion do día 15 de Outubro. A manifestación transcurriu sen incidentes, o final da mesma, deuse turno de palabra a xente que quixera expresar a sua indiganción. Dende eiqui votamos en falla algun tipo de acción na mesma manifestación, inda que valoramos positivamente a movilización da cidadania viguesa.





Co lema "CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, RUPTURA TOTAL" a xentiña do grupo de acción de Vigo percorrimos as rúas este pasado 15 de outubro, coa intención de manifestar as nosas conviccións e reivindicacións: Morte ao estado, morte ao capitalismo, fora feixistas da Galiza.


Durante o percorrido fixemos unha pequena parada para corta-lo trafico na rúa Gran Vía e outra parada na porta do Corte Ingles. Con estas paradas quixemos dar aínda máis forza ás nosas consignas, e tamén facer ver que nunca seguiremos á corrente e que non nos amedrentamos.


Ao remate da manifestación na Porta do Sol, houbo micros abertos e escoitamos con grande ledicia as verbas dalgúns compañeiros como Manolo, Carlos...... pra rematar despedimosnos cuns berros "A..ANTI...ANTICAPITALISTAS!!!! e demos por rematada a xornada de manifestación.
A valoración final da manifestación foi positiva por parte de tod@s.


Pola destrucción de todo o que nos oprime.
Pola construcción dun mundo sen autoridade.
Colectivo Orballo.

















Outras fotos da manifestación:

Sem comentários:

Enviar um comentário