19/10/2010

Non á explotación laboral en Inditex!!



¿Sabes quen cose a roupa que venden en Zara e nas demais tendas do grupo Inditex (Stradivarius, Oysho, Pull&Bear, Bherska, Massimo Dutti, Kiddy’s Class,…)?

¿Sabes en que condicións traballan os empregados e empregadas deses talleres?
Dende finais dos anos 90, lévase denunciando o que se oculta detrás do gran negocio da industria téxtil. Moitas destas empresas occidentais producen as súas prendas en países do Terceiro Mundo e explotan a traballadores da India, Marrocos, Bulgaria, Tailandia ou Indonesia. Os máis afectados adoitan ser as mulleres e os nenos, que se converten en man de obra escrava á que se contrata en condicións inhumanas.

No ano 2004, os informes da ONG Intermón Oxfam “Más por menos” e “Moda que aprieta” sacaron á luz centos de casos de traballadores, na súa meirande parte mulleres, con xornadas de traballo interminables, sen contrato nin seguridade social, facendo máis de 150 horas extras ao mes, nenos sen posibilidade de ir á escola,... El Corte Inglés, Zara, Cortefiel ou Mango son algunhas das empresas citadas nestes informes.

No 2005, a Policía Nacional desmantelou en Santiago de Compostela unha nave onde traballaban e vivían 19 inmigrantes chinos confeccionando roupa para Zara. Segundo a Policía, estes traballadores facían quendas de entre 15 e 16 horas diarias, comían e ceaban no taller e algúns deles durmían alí. Pero non foi o único caso no noso país. Outros 20 talleres máis foron desartellados nese mesmo ano antes ca este, en Cataluña, Sevilla ou
Madrid.

Sen embargo, Inditex está moi lonxe de facerse responsable destas situacións e asegurar os dereitos dos seus traballadores. Este mesmo mes, detectáronse en Brasil outros 30 talleres vinculados a Zara nos que a
situación era a mesma que nos casos anteriormente citados: xornadas laborais excesivas, salarios inferiores a 200€, despedimentos en caso de embarazo ou enfermidade, traballo na clandestinidade, sen contrato nin seguridade social, explotación infantil,…

¿Sabías, ademais, que o grupo Inditex é un dos que está a obter máis beneficios nos últimos anos?

¿Realmente precisamos toda a roupa que mercamos? ¿Queremos ser cómplices destas vexacións dos dereitos humanos?

¡¡¡NON Á EXPLOTACIÓN LABORAL E INFANTIL EXERCIDA POLO GRUPO
INDITEX!!






 

 





Sem comentários:

Enviar um comentário